Libros, cine e televisión

Comentarios sobre o que vexo e leo

  • Agora estou a ler

    "Rusos", de Edward Rutherfurd

    "Rusos", de Edward Rutherfurd

  • Visitas

  • Arquivos

  • Categorías

Boston Legal

Posted by romeroig o 21/02/2010

Un dos tres temas fundamentais deste blog tamén é a televisión, así que imos inaugurar a sección televisiva falando dunha serie, “Boston Legal”. Foi un dos meus irmáns o que me a recomendou e tras ver case dúas temporadas e media non sei como se me puido escapar. A verdade é que paso con máis pena que gloria por algunha das canles nacionais, que creo que nin remataron de poñela enteira, unha magoa a verdade. Como a recomendación foi encarecida e a canle que a poñía, Fox, xa estaba a rematar coa quinta temporada tiven que buscar para poder conseguila, todos sabemos máis ou menos como, non vaia a ser.
Evidentemente é unha serie americana, que rematou hai pouco coa quinta e última temporada, advirto que é totalmente recomendable e imprescindible para aqueles aficionados que queiran ver algo intelixente, entretido e ben feito. Nun momento no que estamos inmersos nunha morea de series é difícil atopar algo distinto, con calidade e digno de ver.
“Boston Legal” é moito máis que unha serie de avogados, aínda que ao principio pareza iso. Advirto para aqueles que se decidan que hai que ver catro ou cinco capítulos da primeira temporada para quedar completamente enganchado a ela, porque ao principio as cousas parecen o que non son e pronto vemos como os personaxes teñen unha serie de matices, de cambios, de evolucións que merece a pena seguir. Poderíamos definila con tres palabras: perspicacia, intelixencia e unha boa dose de humor negro. Os personaxes son sólidos, con personalidade propia e ben diferenciada (o que fai que os contrastes sexan xeniais), sempre en guerra coa ética profesional e cuns casos case sempre comprometidos, o que, de paso, fai que incluso sexa recomendable para algunhas clases de ética, historia, sociedade, etc., xa que moitos deles poderían xerar boas debates, cargadas de polémicas e intercambio de puntos de vista. Os diálogos son tremendamente intelixentes e ben construídos, o ritmo non decae en ningún momento e a posta en escena é impecable. É un drama legal brillante, cheo dunha ironía que, de paso, está cargada dunha tremenda crítica á sociedade americana, a súa forma de pensar, de plantexarse as cousas, de facelas, das súa formas de pensar e actuar. Non é para nada a típica serie americana, cargada deses contidos propagandísticos, senón todo o contrario, non hai episodio no que non se poña en dúbida a maneira de actuar dos seus gobernantes, do seu sistema legal, social, médico, a verdade é que non deixan títere con cabeza e incluso, ás veces, é difícil saber como tivo o éxito que tivo alá, porque os pon a caer dun burro, a verdade. A través de intelixentes diálogos e dos casos que se presentan poñen sobre a mesa temas como a guerra de Irak, Guantánamo, as eleccións presidenciais, a violencia doméstica, o aborto, a eutanasia, as farmacéuticas, a pobreza, as desigualdades sociais…, sempre escondendo tras un velo de humor as máis fortes críticas e denuncias.
O sentido do humor roza en ocasións o surrealismo, con alusións directas ao espectador, guiños cinéfilos continuos, chistes sobre os actores, o desenvolvemento da serie, etc., hai que estar atento para pillalos, a verdade.
Os actores son xeniais, aínda que tres destacan por encima do resto. Temos a William Shatner (para os máis vellos, o capitán Kirk de “Star Trek”, bordando o papel dun avogado mulleriego, republicano ata a médula e afectado de alzheimer, borde, incluso maleducado e todo o contrario do que podemos considerar “politicamente correcto”, este é Danny Crane. Xunto a el o seu amigo de toda a vida, inseparables aínda que as súas formas de pensar sexan radicalmente distintas, pero amosando que o valor maior da verdadeira amistade é o respecto, o actor James Spader da vida a Alan Shore, os seus alegatos finais dos casos que defende poderían ser de análise en moitos dos campos do noso traballo, sempre ácidos, directos e críticos. Xunto a eles o terceiro en discordia é un personaxe feminino, interpretado por Candice Bergen, unha das socias fundadoras da empresa e que vai collendo un protagonismo merecido pola súa forma de ser e de traballar, é Shirley Schmidt. E ao redor deles unha serie bastante ampla de personaxes fixos que dan contrapuntos, pero que son imprescindibles para elevar a categoría da serie a “imprescindible”, de verdade.
Podería estenderme moito máis, pero creo que o mellor que podo dicir é que tentedes vela, son cinco temporadas, cuns vinte tantos episodios cada unha salvo a última que é máis curta, pero seguro que non vos vai a decepcionar, recomendable para todos, e seguro que ademais de faceros pasar un bo rato, vos fará pensar, xa o veredes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: